lunes, 19 de diciembre de 2011

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO: este mes estiveron de aniversario Aroa, María, Xandre, Martiño, Helena e Ansur. Parabéns para todos, mirade que ben o pasamos...
 

jueves, 10 de noviembre de 2011

                                               MAGOSTO

E XA PASOU A FESTA DAS CASTAÑAS... COMEMOS, BEBEMOS, PASÁMOLO BEN.... E O PRÓXIMO MAGOSTO FARÉMOLO TAMÉN. POR MOR DO TEMPO NON PUIDEMOS FACER OS XOGOS, PERO RAMÓN ASOUNOS AS CASTAÑAS E NÓS CANTAMOS E MOI BEN, ADEMAIS CON PALMAS, QUE O NOS TRABALLO NOS COSTOU. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PAR DE FOTOS.
magosto

jueves, 3 de noviembre de 2011

                         MAGOSTO 2011
Ola, xa está aquí o magosto, que imos celebrar a vindeira semana. Faremos xogos, comeremos as castañas e cantaremos unha canción, (disco 13 lúas) que poderedes oír pinchando aquí abaixo. Ide practicando para cantar todos xuntos.

viernes, 28 de octubre de 2011


Get a scroller sign at http://www.crazyprofile.com.com!
SAMAÍN 2011

       QUEREDES SABER PARA QUE ERA A MERENDA QUE VOS PEDIMOS? POIS AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA.
       COMO PODEDES VER, COS BOCATAS FIXEMOS UNHAS PANTASMAS QUE ESTABAN BOÍSIMAS, COAS GALLETAS UNHA ARAÑAS E COS BEBIBLES UNHA MOMIAS QUE NON DABAN NADA DE MEDO.
        ADEMÁIS ESTES DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE O MEDO. ALGÚNS TIÑAN MEDO AS ALTURAS, OUTROS AOS SOÑOS FEOS, AO MOSTRO DE BOB ESPONJA... ASÍ QUE UNHA AMIGA DAS PROFES: A MEIGA MARGARIDA, ENVIOUNOS UNHA BEBERAXE E UNS POLVOS MÁXICOS E, AO XUNTALOS, FACIAMOS UNHA APÓCEMA QUITAMEDOS.ASÍ QUE XA NON NOS DÁ MEDO NADA.

        AH, E MIRADE QUE PASOU CANDO XUNTAMOS A BEBERAXE E OS POLVOS....

lunes, 24 de octubre de 2011

Esta é a nosa canción do Samaín deste ano, quen se anima a cantala con nós?

miércoles, 19 de octubre de 2011

SAMAÍN

COMA TÓDOLOS ANOS ACHÉGASE A NÓS O SAMAÍN.
FAREMOS UNHA MERENDA E UNHA PÓCEMA ESPECIAL PARA ESVAER AOS MEDOS, PARA ISO TEMOS QUE TRAER: 
     - UN BEBIBLE
     - UN SANDWICH DE NOCILLA
    -  GALLETAS TIPO OREO
A QUE NON ADIVIÑADES QUE IMOS A MERENDAR....

NA ESCOLA HABERÁ TAMÉN UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS FEITAS NA CASA QUE PODEDES TRAER O MARTES 25 E LEVAR O VENRES, CON QUE NOS IDES SORPRENDER VÓS?

viernes, 14 de octubre de 2011

ANIVERSARIOS AGOSTO E SETEMBRO



        ESTE ANO CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS O ÚLTIMO MÉRCORES DE CADA MES,ASÍ QUE O 29 DE SETEMBRO FIXEMOS UNHA FESTA COS NOSOS COMPAÑEIROS E AS NOSAS PROFES PARA CELEBRALO.
      ESTIVEMOS DE ANIVERSARIO: BRAIS, ÁLVARO, GABRI, ISAAC, JONATHAN, NATALIA E EVA.


miércoles, 12 de octubre de 2011

O NOSO HOSPITAL


        COMEZAMOS O CURSO FACENDO UN PROXECTO SOBRE "O HOSPITAL", XA QUE E ALGO QUE FORMA PARTE DA NOSA VIDA DIARIA, POR ISO GUSTARIANOS COÑECER AS PERSOAS QUE TRABALLAN ALI,O SEU FUNCIONAMENTO,AS ENFERMIDADES,PARTES QUE FORMAN O NOSO CORPO...
      ESTE PROXECTO MOTIVANOS MOITO XA QUE ENCANTANOS VERTIR DE MEDIC@S ,ENFERMEIR@S, E COMO NON SER OS ENFERMOS.
     DA NOSA CLASE FIXEMOS UN HOSPITAL GRAZAS A AXUDA DOS PAPAS E MAMAS QUE PROPORCIONARON MOITO MATERIAL PARA AXUDARNOS CON ESTE PROXECTO,TEMOS TAMÉN UNHA FARMACIA DONDE COMPRAMOS OS NOSOS MEDICAMENTOS CANDO O NOSO DOCTOR ASI O CONSIDERA...
    PASAMOLO XENIAL E ESTAMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS INTERESANTISAMAS....A VER CANTO PERSOAL SANITARIO SAE DE AQUI...

COMEZAMOS O NOSO CURSO 2011-2012

XA SOMOS OS MAIORES DO COLE, XA ESTAMOS EN 5 ANOS!!!!!!!!!!!!! 

                                                

XA ESTAMOS EN 5 ANOS!!!!!!!!!!!!!!

       ESTE ANO SOMOS OS MAIORES DO COLE, COMENZAMOS O CURSO CON MOITA ENERXIA E  ILUSIÓN....
      TEMOS COMPAÑEIROS NOVOS NAS NOSAS CLASES.CHEGOU MARIA,QUE XA ESTIVERA CON NOS EN 3 ANOS, TAMÉN JORGE, ISAAC, MARIO E NA ÚLTIMA SEMANA UN AMIGUIÑO NOVO CHAMADO LOIS ,ESPERAMOS QUE O PASEN MOI BEN E QUE APRENDAN MOITO CON NOS, POLA NOSA PARTE DÁMOSLLE DENDE AQUI UNHA FORTE APERTA E  TODO NOSO CARIÑO PARA QUE NO VOTEN MOITO DE MENOS O SEU ANTIGUO COLE E OS SEUS AMIGUIÑOS: BENVIDOS

lunes, 11 de abril de 2011

CONTACONTOS



Cunha das protagonistas destas últimas semanas viñeron uns contacontos co que nos divertimos moito

CUMPRES DO MES DE MARZO



Os nenos que estiveron de cumpre este mes d marzo foron: Andrés, Sergio,África,Claudia e Iago,como e costume xa comimos un gran bizcoito e sopramos as velas

lunes, 14 de marzo de 2011

ANTROIDO


Como cada ano o venres 4 de marzo celebramos o antroido. Este ano fomos de Bob Esponja facendo referencia ao valor da amizade, tema que entre outros se esta a tratar dende a biblioteca do colexio a través do proxecto Medrando en Valores.
Ademáis durante toda a semana fixemos actividades relacionadas co antroido fixemos caretas, antifaces e incluso pintamos a cara.

viernes, 11 de marzo de 2011

CUMPLES FEBREIRO

o dia 24 de febreiro celebramos os cumples de:Zulema, Carlos, Fran, Marcos, Damián, Esperanza e Laura.
   comimos mooooito e pasamolo moi ben.

ANIVERSARIO XANEIRO

O ÚNICO NENO QUE TIVEMOS DE CUMPRE O MES DE XANEIRO FOI ROI,QUE TROUXO UN BIZCOITO DE CHOCOLATE MOI MOI SABROSO DO QUE NON QUEDOU NIN UNHA PIZQUIÑA...

martes, 8 de febrero de 2011

Cormarín

o venres día catro de febreiro, visitounos un contacontos. Estivemos moi caladiños e moi atentos ao que nos contaba o avó Cormarín.


Visita de Anxo Moure


Durante a semana da paz visitounos un trasno sementalibros no seu peculiar PAZTINETE. Dentro da súa mochila traía unha chea de amiguiños de distintos lugares do mundo: de Perú, da India... que nos contaron unha chea de contos e nos falaron da importancia de regar as árbores da paz.

lunes, 31 de enero de 2011

DÍA DA PAZ

Coma todolos anos o rematar xaneiro celebramos o "dia da paz",asique o venres 28 subimos con todos os nenos de infantil o cole dos maiores a celebrar con eles este dia,cantamos unha canción,os nenos maiores leeron uns versos,e soltarmos unhas pombas..
A cancion que este ano aprendimos e "somos el mundo",que tamén a aprendimos en inglés "we are the world".
Aqui temos o enlace pa que a cantedes con nos na casa
http://www.youtube.com/watch?v=PwrkGtjj8b4

Este e a misma canción en inglés, deunos un pouquiño máis de traballo aprendela pero despois de escoitala e repetila moitas veces a aprendimos casi  casi enteiriña
http://www.youtube.com/watch?v=qCU8yF7pjZc

Esta canción esta dedicada a todolas personas do mundo que perderon moitas cousas por culpa da guerra,de terremotos,ou de calquer catastrofe,por iso nos desde aqui queremos apoiar cantando esta cancion a toda esa xente.

NADAL

Este ano polo nadal aprendimos un villancico moi bonito chamado "burrito sabanero" que ensaiabamos todolos dias na clase para cantarlle os reis magos o dia que nos viñesen visitar o cole,ese dia portamonos ben ben....e de paso entregamoslles as cartas cunhas poucas cousiñas que pediramos por ser tan bos.
Aqui temos o enlace do noso villancico
http://www.youtube.com/watch?v=yb7LEzPlcAI